Rise, O Voices of Rhodesia

Rise, O Voices of Rhodesia
En galego: Levantade, Oh Voces de Rodesia
Himno de Rodesia e  Cimbabue-Rodesia
LetraMary Bloom
MúsicaLudwig van Beethoven
Adoptado1974[1]
Até1979
Mostra da música
noicon

"Rise, O Voices of Rhodesia" ou "Voices of Rhodesia" (en galego: Levantade, Oh Voces de Rodesia) foi o himno nacional do estado non recoñecido de Rodesia e Cimbabue Rodesia (renomeado Cimbabue en 1980) entre 1974 e 1979. A música foi a de "Ode to Joy", o Cuarto Movemento da Novena Sinfonía de Ludwig van Beethoven, que fora adoptado como oficial do continente europeo polo Consello de Europa en 1972. A música utilizada en Rodesia foi un arranxo realizado polo capitán Ken MacDonald, o director da orquestra dos Rhodesian African Rifles. O goberno organizou un concurso nacional para atopar a letra axeitada para combinala coa melodía escollida, gañando a composición de  Mary Bloom de Gwelo.

Trala Declaración Unilateral de Independencia de Rodesia, o 11 de novembro de 1965, o país aínda mantiña a súa lealdade á raíña Isabel II como a súa Xefa de Estado, mantendo o "God Save the Queen" como o seu himno nacional. Trala constitución de 1970, coa que o país se constituía nunha república, o himno real foi abandonado, xunto con outras moitas referencias á monarquía, deixando ao país sen un himno nacional ata que se aprobou o "Rise, O Voices of Rhodesia" en 1974. O himno nacional perdeu o seu status legal en decembro de 1979, cando o Reino Unido recuperou o control do país de forma provisional ata o declaración oficial da independencia como Cimbabue cinco meses máis tarde. 

  1. NFBPWR 1976, pp. 142–143

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search